Guía contra o ciberacoso


Co obxectivo de proporcionar pautas a pais e educadores para detectar, previr e actuar nos casos de ciberacoso ou ciberbullying, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou a Guía de actuación contra o ciberacoso.

Os nenos e adolescentes son usuarios intensivos das novas tecnoloxías, feito que os converte nun colectivo especialmente vulnerable ás situacións de ciberbullying e outros riscos asociados ao uso de Internet.
Este manual, de descarga gratuíta, contou coa participación de expertos de distintas áreas, como son representantes de asociacións de pais e nais, expertos en Google e redes sociais, profesionais da Medicina e a Psicoloxía ou membros dos corpos de seguridade do Estado.
Segundo datos do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), o 5,1% dos pais españois afirma coñecer casos de nenos que exercen ciberacoso sobre o seu fillo, e un 3,5% recoñece que o menor insulta, ameaza ou acosa outros a través da rede.
Todos os especialistas coinciden en que o labor dos pais e educadores é primordial na prevención dos riscos e que o seu traballo debe empezar por ensinar e guiar os nenos dende que comezan a navegar por Internet. A miúdo os pais descoñecen os perigos reais aos que se enfrontan os nenos e adolescentes na rede, polo que é imprescindible que estean informados. Fonte: ISEP


No hay comentarios:

Publicar un comentario