Dedicatoria ao Doctor Carracedo

Ilustración de Carla Madaleno Iglesias


 No Nadal de 1844 o médico psiquiatra alemán Heinrich Hoffmann andaba atribulado por Frankfurt adiante na procura dun libro co que agasallar ao seu fillo Carl de 3 anos. Mais o desacougo que lle estaba a producir a literatura infantil da época levouno a voltar para casa cun libro especial baixo o brazo. Ao amosarllo a súa muller esta ficou abraiada: era un caderno coas follas en branco. “Si, e nos imos transformalo nun libro”. El mesmo tiraba, anos máis tarde, as súas propias conclusións nunha carta publicada no xornal Die Gartenlaube en novembro de 1871:
(PRO CAPTU LECTORIS) HABENT SUA FATA LIBELLI (Terenciano Mauro, De litteris, de syllabis, de Metris, v. 1286) “(Segundo a capacidade do lector) os libros teñen o seu propio fado”.

Un dos relatos do seu recoñecido Der Struwwelpeter, Perucho Ourizocacho, leva por título Die Geschichte vom Zappel-Philipp, Filipe o estrabuxador, que é considerada a primeira narración do comportamento dun neno que hoxe se tería diagnosticado como TDAH, trastorno que o mesmo Dr. Hoffmann pudo ter padecido segundo algúns dos seus biógrafos.

O principal problema de trastornos como este está, en palabras do doutor Ángel Carracedo, por unha banda na estigmatización social que sofren os nenos/as, preferindo que non trascendan o ámbito familiar; por outra, na grave marxinación que padecen por parte das Administracións.

Na actualidade esta patoloxía afecta a un 6,8% dos nenos españois entre os 6 e os 17 anos, dos que tan só un 1,6% son casos diagnosticados, sendo a responsable do 20% do fracaso escolar. Os expertos reclaman unha maior coordinación a través dun protocolo entre Sanidade e Educación a nivel estatal que evite a discriminación territorial actual − tan só seis Comunidades Autónomas teñen un protocolo destas características −.

Sería desexable que entre todos − nais, pais, médicos, docentes...− soubésemos encher esas páxinas en branco do libro do TDAH tal e como fixo o Dr. Hoffmann nun Nadal coma este: sería o mellor agasallo que nos poderíamos ter feito.


EXEGI MONUMENTUM AERE PERENNIUS (Horacio, Odas, III, 30, 1) "Levantei unha obra máis perenne que o bronce".

Dedicatoria de Xosé Martinez, profesor de latín do IES María Soliño, ao Dr. Carracedo, neurólogo relator da primeira conferencia nas xornadas TDAH do Morrazo do 2014 en Cangas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada